Mónica Ferrín
Investigadora InTalent e Ramón e Cajal na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña
Mónica Ferrín Pereira é investigadora InTalent e Ramón e Cajal na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Dedícase principalmente ao estudo das opinións públicas e a participación política.
É a investigadora principal do módulo sobre democracia da 10ª oleada da Enquisa Social Europea https://www.europeansocialsurvey.org/docs/round10/questionnaire/ESS10_democracy_abstract.pdf
Este proxecto tén como obxectivo analizar os cambios nas actitudes dos europeos cara á democracia despois da grande crise económica de 2009, ademais de entender ditos cambios en relación ao actual sistema de partidos europeo. Tamén é co-IP no proxecto GENPOL, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (CSO2016-75090-R). GENPOL estuda as desigualdades de xénero na participación política e na esfera pública en xeral e intenta explicar por que as mulleres tenden a participar menos na esfera pública cós homes en todos os países europeos.
Entre as súas últimas publicacións están ‘The Gender Gap in Political Interest Revisited.’ (2019. International Political Science Association; con Marta Fraile, Gema García-Albacete e Raúl Gómez) ou ‘Adult roles and the gender gap in political knowledge: a comparative study’ (2019. West European Politics; con Marta Fraile e Gema García-Albacete), que recibiu o premio Gordon Smith and Vincent Wright Memorial Prizes 2019.
https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/9U9WL